Batólito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un batólito (do grego, bathos e lithos que significan profundo e pedra, respectivamente) é unha masa extensa de granitoides[1] que se estende por centos de quilómetros[2] e cobre máis de 100 quilómetros cadrados[3][4] na codia terrestre. Os batólitos están compostos por múltiples plutóns individuais os cales poden solaparse ou intersecarse.[1][2] Os grandes volumes dos batólitos débense a unha cuantiosa e repetida produción de magma durante períodos de oroxénese.[2]