Basilán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Basilan (Chavacano: Provincia de Basilan) é unha illa provincia de Filipinas na Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán. A illa de Basilán é a máis grande e máis setentrional das illas principais do arquipélago de Sulu. Atópase xusto á beira da costa sur da península de Zamboanga. Isabela City, é unha cidade de Basilán, pero adminístrase como parte da rexión da Península de Zamboanga (Rexións de Filipinas). A súa capital transferiuse á Lamitan City (cidade de Lamitan).[1][2]
Basilán | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Filipinas |
Coordenadas | 6°34′00″N 122°02′00″L |
Xeografía | |
Superficie | 1.265´5 km² |
Perímetro | 169´8 km. |
Punto máis alto | 971 m. |
Demografía | |
Capital | Lamitan City |
Poboación | 459.367 hab. (censo 2015) |
Lingua propia | Zamboangueño Chavacano Yakan Tausug Cebuano Filipino Inglés |
Basilan é o fogar de tres principais nacións etnolingüísticas nativas da provincia antes da chegada doutras nacións etnoguísticas migrantes, a indíxena yakan, e máis tarde chegaro os pobos Tausug, e Zamboangueño. Os yakans e tausugs son predominantemente musulmáns, mentres que os zamboangueños son principalmente cristiáns. Hai tamén un número de nacións máis pequenas. O idioma principal é o Yakan e a lingua franca é o Chavacano (lingua creoula do español), pero outros idiomas están ben representados, incluíndo o Tausug, Cebuano e Samal.
Basilán, aínda que clasificada como unha provincia de terceira clase en termos de ingresos brutos provinciais, ten un dos índices máis baixos de pobreza en Filipinas (26´19% da poboación xeral), ocupando o posto 20 entre as 80 provincias de Filipinas (en comparación, Maguindanao que ocupa o último lugar no número 80 ten unha incidencia de pobreza do 44´24%). A brecha entre os residentes ricos e pobres de Basilán está entre o máis estreito do país (clasificado terceiro en todo o país), sinalando unha das distribucións máis equitativas da riqueza en calquera parte do país (coeficiente de Gini 0´2826, que é levemente mellor que o das Provincias de Pampanga, Bulacan, Nuevava Ecija, Tarlac, Cavite, Batanes e Batangas).