Basófilo (tinguidura)
célula ou compoñente celular que se tingue con colorantes básicos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo basófilo aplícase en histoloxía a calquera célula ou compoñente celular que se tinga nas preparacións con colorantes básicos[1], como a hematoxilina. Estes compoñentes dise que teñen basofilia. Por exemplo, falamos de citoplasma basófilo, gránulo basófilo, célula basófila etc. Ás veces utilízase alternativamente o adxectivo basofílico. Os colorantes básicos teñen afinidade polas partes ácidas con cargas negativas da célula, como os fosfatos do esqueleto do ADN ou os ribosomas. A hematoxilina é un dos colorantes básicos máis usados, e tingue de azul as células que teñen afinidade por el. Normalmente utilízase en combinación coa eosina (que é ácido) na tinguidura de hematoxilina-eosina ou tinguidura HE.
- Para a célula do sangue con afinidade pola hematoxilina ver basófilo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/83/Basophil.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f2/PBBasophil.jpg)
A célula branca do sangue chamada granulocito basófilo ou, simplemente, basófilo, ten o seu núcleo e gránulos citoplasmáticos tinguidos dun ton púrpura escuro ou azulado coa tinguidura HE. Tamén existen unhas células denominadas basófilos na adenohipófise, pero non son glóbulos brancos sanguíneos.