Barbitúrico
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os barbitúricos son drogas que actúan como sedantes do sistema nervioso central e producen un amplo esquema de efectos, dende sedación suave ata anestesia. Algúns pódense usar como anticonvulsionantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Pertencen a dúas familias: os derivados do ácido barbitúrico, como o seconal, e as benzodiazepinas, entre as que se atopa o valium. Os barbitúricos poden presentarse baixo a forma de pastillas, pílulas, supositorios ou en forma líquida (ampolas).
Descuberto en 1863, o ácido barbitúrico é utilizado na medicina desde 1903 polas súas propiedades sedativas no tratamento da epilepsia e dos trastornos do sono.
En doses baixas producen efectos moi parecidos ós dos ansiolíticos. En doses elevadas, os síntomas son moi similares ós da intoxicación con alcol, ademais de potenciar a euforia e a excitación que produce esta substancia. Con doses maiores pódese provocar perda de consciencia, coma e, en último caso, morte por paro respiratorio.
Producen sensación de relaxación e de tranquilidade, problemas motores e atranco para falar. Poden causar depresión cerebral. Dependendo da dose, a formulación presenta un efecto sedante (tranquilizante), hipnótico (indutor do sono) e anticonvulsivo. Outros efectos inclúen síndrome de abstinencia, crise convulsiva trala interrupción e, en tratamento prolongado, apatía. Están contraindicados no primeiro trimestre de embarazo, xa que poden provocar malformacións.
Os barbitúricos poden adquirirse de maneira completamente lícita, con ou sen prescrición médica, segundo o país. En España ou Francia, os barbitúricos están clasificados como substancias psicotrópicas e son vendidas en farmacias baixo prescrición médica.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.