Barbados nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Barbados participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, e participou en cada un dos Xogos dende entón, só perdendo os Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova ao participar nun boicot liderado polos Estados Unidos. A única medalla olímpica do país é un bronce conseguido polo atleta Obadele Thompson na proba de 100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 2000.
Datos rápidos
Barbados nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | BAR | ||||
Comité nacional | Asociación Olímpica de Barbados olympic | ||||
Medalleiro |
|
Pechar
Barbados competiu como parte da Federación das Indias Occidentais nos Xogos de 1960. O atleta barbadiano James Wedderburn formou parte do equipo de 4 × 400 m que gañou a medalla de bronce ese ano.
Barbados nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.