Bandeira de Myanmar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Myanmar ou Birmania (en birmano: မြန်မာ နိုင်ငံတော်အလံ), foi adoptada o 21 de outubro de 2010 para substituír a antiga bandeira socialista en uso dende 1974. A nova bandeira foi introducida xunto coa implantación de cambios no nome do país, os cales foron establecidos na Constitución de 2008.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Myanmar | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 21 de outubro de 2010 |
Cores | Amarelo Branco Verde Vermello |
Pechar
Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O deseño da bandeira ten tres franxas horizontais de cor amarela, verde e vermella, cunha estrela branca de cinco puntas no centro. As tres cores queren simbolizar a solidariedade, a paz, a tranquilidade, a coraxe e a decisión.