![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Flag_of_Monaco.svg/langgl-640px-Flag_of_Monaco.svg.png&w=640&q=50)
Bandeira de Mónaco
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.