![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Order_of_the_Red_Banner_of_Labour_OBVERSE.jpg/640px-Order_of_the_Red_Banner_of_Labour_OBVERSE.jpg&w=640&q=50)
Bandeira Vermella do Traballo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Orde da Bandeira Vermella do Traballo (ruso: Орден Трудового Красного Знамени; transcrito: Orden Trudovogo Krasnogo Znameni) era unha orde da Unión Soviética outorgada a persoas destacadas no seu servizo civil e laboral.
Máis información Orde da Bandeira Vermella do Traballo ...
Pechar
Foi instaurada por Stalin o 7 de setembro de 1928, como unha división civil da Orde da Bandeira Vermella.
Podíana recibir os cidadáns soviéticos; as empresas, asociacións, organizacións e as divisións administrativas do Estado, así como tamén os cidadáns e organizacións estranxeiras.
Púñase á esquerda do peito e sitúase despois da Orde da Bandeira Vermella.
Foi outorgada a máis de 1 224 590 persoas e organizacións.