![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Bainita.jpg/640px-Bainita.jpg&w=640&q=50)
Bainita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bainita é unha mestura de fases de ferrita e cementita e na súa formación interveñen procesos de difusión.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Bainita.jpg/640px-Bainita.jpg)
A bainita forma agullas ou placas, dependendo da temperatura de transformación. Os detalles microestructurais da bainita son tan finos que a súa resolución só é posíbel mediante o microscopio electrónico. Está composta dunha matriz ferrítica e de partículas alongadas de cementita. A fase que rodea as agullas é martensita.
A transformación bainítica tamén depende do tempo e da temperatura e pódese representar nun diagrama de transformación isotérmico, a temperaturas inferiores ás de formación da perlita.
Nos tratamentos isotérmicos realizados entre 540º-727 °C, fórmase perlita e entre 215-540 °C, o produto de transición é a bainita. As transformacións perlítica e bainítica compiten entre si e só unha parte dunha aliaxe se pode transformar en perlita ou en bainita. A transformación noutro microconstituínte só é posíbel volvendo quentar até formar austenita.
Con todo, a diferenza da perlita, a ferrita e a cementita non están presentes en formas que dependen da aliaxe e a temperatura de transformación. A microestrutura depende da temperatura e distínguense dúas morfoloxías:
Bainita superior : Fórmase en rangos de temperatura inmediatamente inferiores aos de perlita . componse de agullas ou bastóns de ferrita con cementita entre elas.
Bainita inferior: Fórmase a temperatura da orde da martensita Ms (lixeiramente superiores ).
Prodúcese preferentemente en transformacións isotérmicas de (austémpera), aínda que tamén pode facelo a arrefriado continuo e corresponde a unha transformación intermedia entre a que corresponde a perlita e a martensita.