![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Badalona_-_La_Rambla.jpg/640px-Badalona_-_La_Rambla.jpg&w=640&q=50)
Badalona
concello de Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Badalona é un concello e cidade da costa central de Cataluña, que forma parte da comarca do Barcelonès, na provincia de Barcelona. Dende 1897 está considerada cidade.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.957 (2023) ![]() | ||||
Número de fogares | 88 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 21,2 km² ![]() | ||||
Altitude | 6 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Anastasi de Lleida (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Xavier García Albiol (2023–) ![]() | ||||
Orzamento | 278.300.000 € ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08910–08918 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | (+34) 934 ![]() | ||||
Código INE | 08015 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 080155 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | badalona.cat ![]() |
Situada na costa do mar Mediterráneo, ocupa parte do delta do río Besòs e as faldras da Serra da Marina. A cidade está rodeada polos concellos de Sant Adrià de Besòs, Santa Coloma de Gramenet, Tiana, Montgat, Sant Fost de Campsentelles e Montcada i Reixac. Está situado no extremo norte da comarca, a escasos metros ao norte de Barcelona.
Cos seus 215.848 habitantes en 2017, Badalona é a cuarta cidade máis poboada de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e Terrassa, e a 23ª de España. Forma parte da área metropolitana de Barcelona.
Os restos arqueolóxicos atopados nos barrios de Llefià e de Sistrells remontan a súa historia ao Neolítico, pero a fundación da poboación produciuse ao redor do ano 100 aC, baixo o nome romano de Baetulo.