As Firmicutes (do latín: firmus cutis, "pel forte", referido aquí a "parede celular forte") son un filo de bacterias, a maioría das cales teñen unha estrutura da parede celular grampositiva. Porén, unhas poucas, como Megasphaera, Pectinatus, Selenomonas e Zymophilus, teñen unha pseudomembrana externa porosa que fai que presenten unha tinguidura gramnegativa.

Máis información Clasificación científica, Clases ...
Firmicutes
(ou Bacillota)

Bacillus subtilis con tinguidura de Gram
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clases
Pechar

En anteriores clasificacións recibiron o nome de Firmacutes, que despois se cambiou a Firmicutes cunha diminución na súa composición. Os científicos antes clasificaban en Firmicutes todas as bacterias grampositivas, pero recentemente defínenas como o grupo central de formas relacionadas chamado o grupo de baixo contido G+C, en contraste coas Actinobacteria. Pódense incluír aquí as Molicutes (micoplasmas, sen parede), que noutras clasificacións se clasifican como Tenericutes. Considérase sinónimo de Firmicutes a denominación Bacillota Gibbons et Murray 2021,[1] que foi proposta como nome oficial en 2021, aínda que isto causou controversia, xa que diversos autores prefiren seguir usando o nome Firmicutes pola súa tradición na literatura.[2]

As Firmicutes teñen células arredondadas (chamadas cocos) ou bacilares. Moitas Firmicutes producen endósporas, que son resistentes ao desecamento e poden sobrevivir en condicións estremas. Atópanse en diversos ambientes, e o grupo inclúe algúns notables patóxenos. As da familia das heliobacterias, producen enerxía por medio da fotosíntese. Firmicutes son uns dos microorganismos importantes que fan que se pique o viño, a cervexa ou a sidra.

Clases

O grupo divídese tipicamente en Clostridia, que son organismos anaeróbicos, Bacilli, que son aerobios obrigados ou facultativos, e os Mollicutes (micoplasmas, que agora nalgunhas clasificacións se consideran Tenericutes).

Nas árbores filoxenéticas os dous primeiros grupos son parafiléticos ou polifiléticos, como o son os seus principais xéneros, Clostridium e Bacillus.[3]

Filoxenia

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e o NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[6]

?Thermodesulfobiaceae

?Synergistaceae {Clostridiales Familia XV Incertae Sedis}

?Thermoanaerobacterales Clado sen nome I [incl. Fervidicola]

?Thermoanaerobacteraceae

?Caldicellulosiruptor

?Thermoanaerobacterales Clado sen nome II

?Halanaerobiales

?Thermaerobacter

?Clostridium thermoamylolyticumKatkocin et al. 1985

?Thermovorax subterraneusMakinen et al. 2009

  Firmicutes s. s.

Moorella

Syntrophomonadaceae

Gelria glutamica

Symbiobacterium thermophilum

Sulfobacillus

Carboxydocella {Clostridiales Familia XVI. Incertae Sedis}

Thermolithobacter

Clostridia s.s. [incl. Negativicutes]

Fusobacteriales

Bacilli [incl. Erysipelotrichia & Mollicutes]

Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.

Xéneros principais

Actualmente hai máis de 274 xéneros asignados ao filo Firmicutes. Os xéneros máis importantes son os seguintes:

Bacilli, orde Bacillales

Bacilli, orde Lactobacillales

Clostridia

Erysipelotrichi

Saúde

Son Firmicutes a maior parte das especies da flora bacteriana intestinal humana e do rato.[7] Os Firmicutes da flora intestinal foron implicados na absorción de enerxía e obesidade.[8][9][10]

Detección no laboratorio

Ata agora non hai unha forma simple de definir categoricamente unha bacteria dada como pertencente a Firmicutes, xa que o filo é enormemente diverso en características fenotípicas debido a que ao intenso intercambio de plásmidos entre as súas especies e xéneros, pero a presenza de Firmicutes pode agora detectarse por PCR en tempo real utilizando metodoloxías recentemente descritas.[11]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.