Bacan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte, situada a 0°13'- 0°55' S. e 127°22'- 128° E. Está separada da península suroeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.
Bacan | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Molucas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 0°37′S 127°31′L |
Xeografía | |
Superficie | 1.898 km² |
Perímetro | 297´3 km |
Punto máis alto | 2 111 m. Monte Labuha |
Demografía | |
Capital | Labuha |
Poboación | 13.000 (censo 2010) |
Ten cerca de 1 900 km² de superficie e 13 000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2 111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza doutras illas próximas.
Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.
O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes doutras illas.
A illa ten un grande interese para a zooloxía debido á gran biodiversidade.