![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/BOAC_Vickers_VC10_on_finals_into_Heathrow.jpg/640px-BOAC_Vickers_VC10_on_finals_into_Heathrow.jpg&w=640&q=50)
British Overseas Airways Corporation
From Wikipedia, the free encyclopedia
British Overseas Airways Corporation (BOAC) foi a aeroliña estatal británica creada en 1939 pola fusión de Imperial Airways e British Airways Ltd. A compañía continuou operando servizos internacionais durante a segunda guerra mundial. Despois da aprobación da Lei de Aviación Civil de 1946, os servizos europeos e suramericanos pasaron a outras dúas aeroliñas estatais, British European Airways (BEA) e British South American Airways (BSAA). BOAC absorbeu BSAA en 1949, pero BEA continuou operando rutas domésticas e europeas durante os seguintes 25 anos. Unha lei do Parlamento de 1971 fusionou BOAC e BEA, facéndose efectiva a fusión o 31 de marzo de 1974, nacendo así a actual British Airways.[1]
Datos rápidos Fundación, Inicio das operacións ...
British Overseas Airways Corporation | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA BA | OACI BA | Indicativo SPEEDBIRD |
Fundación | 24 de novembro de 1939 | |
Inicio das operacións | 1 de abril de 1940 | |
Fin das operacións | 31 de marzo de 1974 (fusionada con outras tres aeroliñas para formar British Airways) | |
Aeroporto principal | Londres-Heathrow | |
Frota | uns 200 avións no seu maior pico | |
Destinos | 200 | |
Holding | goberno do Reino Unido |
Pechar