BDSM
From Wikipedia, the free encyclopedia
BDSM é a denominación usualmente empregada para designar unha serie de prácticas e afeccións sexuais relacionadas entre si e vinculadas ao que se denomina sexualidade extrema ou non-convencional. O termo emprégase a miúdo, de forma equivocada, como sinónimo de sadomasoquismo. En realidade, é un acrónimo que engloba prácticas de sexualidade non convencional, e que dá nome ao que hoxe en día é considerado como unha subcultura específica. Actualmente, e independentemente da súa xénese, o acrónimo enténdese formado polas iniciais dalgunhas de ditas prácticas:
- Bondage: B
- Disciplina: D
- Dominación e Submisión: DS
- Sadomasoquismo: SM