![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Bubalus_mindorensis_by_Gregg_Yan_01.jpg/640px-Bubalus_mindorensis_by_Gregg_Yan_01.jpg&w=640&q=50)
Búfalo anano de Mindoro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O búfalo anano de Mindoro (Bubalus mindorensis) é unha especie de bóvido de tamaño pequeno que vive unicamente na illa de Mindoro, en Filipinas. Na illa atópase tamén o seu parente o búfalo indio, do que este se diferencia sobre todo polo seu tamaño moito menor. Tamén é máis peludo, de cornos máis curtos e coa cara de cor máis clara que o resto do corpo que o seu parente. Non se coñecen subespecies.[2]
Búfalo de Mindoro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Área de distribución de Bubalus mindorensis. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Philbullpisolgrev.jpg/640px-Philbullpisolgrev.jpg)
No pasado podía encontrarse tamén na illa de Luzón, pero a caza e destrución do seu hábitat minguou a súa poboación a unhas poucas cabezas en certas chairas herbáceas de Mindoro. A especie, polo tanto, corre un grave perigo de extinción. Na actualidade é unha especie protexida e considérase un símbolo das illas Filipinas. Mesmo figurou nas moedas dun peso que se acuñaron entre 1980 e os primeiros anos 1990.