From Wikipedia, the free encyclopedia
O búfalo africano,[2] ou búfalo cafre (Syncerus caffer) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos[3] que habita nos bosques e sabanas da África subsahariana, especialmente ao leste do continente.
Syncerus caffer Búfalo africano / Búfalo cafre | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo africano | |||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Syncerus caffer Sparrman, 1779 | |||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Syncerus caffer | |||||||||||||||||||||||||||
Rspecie (bioloxía) | |||||||||||||||||||||||||||
|
De corpo moi grande e mazizo, pesado e con patas vigorosas, con aspecto que recorda ao do gando vacún, co fociño grande, ancho, espido e húmido, e cornos moi macizos e unidos nas bases.[4]
O seu tamaño é algo menor ao do seu parente o búfalo aisático (Bubalus bubalis bubalis), con quen comparte subtribo, aínda que segue a ser impoñente, xa que ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 2,1 e 3,4 m, e unha altura na cruz de entre 1 e 1,7 m,[4][5][6] e pode pesar até 800 ou mesmo 900 kg (os espécimes que viven nas sabanas; os que habitan nas selvas, só até os 320 kg).[4][5][6]
Os cornos, presentes en ambos os sexos, son grosos e moi desenvolvidos, moi anchos nas bases, macizas e soldadas entre si, e curvados cara a arriba nos extremos, rematados en punta. Os das femias están menos desenvolvidos. O tamao dos cornos, a coloracoión xeral e a forma son moi variábeis segundo as subespecies.[4] A envergadura dos cornos (distancia entre as puntas) pode alcanzar nos machos un metro.
As patas son fortes e vigorosas, o pescozo máis ben curto, e o fociño ancho e espido. As orellas son grandes.[4]
O corpo está cuberto cunha pelaxe de cor parda escura ou negra, rara e cos pelos de escasa lonxitude nos adultos (pero ben poboada nos individios novos);[4] os pelos só son longos en todos os espécimes no extremo da cola e nos bordos das orellas. Nos individuos novos a coloración da pelaxe é en xeral máis parda ou avermellada.[4]
Ao igual que na maior parte dos bovinos, esta especie tamén presenta dimorfismo sexual, sendo as femias de menor tamaño, cor máis clara e cos cornos máis pequenos.
Os machoa maduran sexualmente antes que as femias, contra os cinco anos de idade, mentres que as femias alcanzan a madurez aos oito anos.
Os búfalos africanos son animais gregarios, que se agrupan en mandas de tamaño variábel, desde 4 oi 5 individuos nas zonas boscosas de África central, a miles nas sabanas do leste do continente. Os machos ocupan as marxes do grupo, mentres que as femias e as crías (normalmente unha por parto tras unha xestación de 300 a 330 días) concéntranse no interior, onde corren menos perigos. As mandas contan cun grupo de machos vellos que a guían e a alertan dos depredadores.[7]
A área de dispersión do búfalo africano é bastante extensa, pero moi fragmentada. A partir do sur do Sáhara esténdese desde o Senegal ao Sudán, e até Etiopía, abarcando a zona de selva ecuatorial, isto é, por todca a parte central do continente.[8] Polo sur chega até Suráfrica (Véxase mapa na caixa de clasificación na parte superior esquerda do artigo).
Estes ruminantes prefiren as chairas á montaña, e establécense case sempre en zonas nas que abunde a auga, xa que non poden prescindir dela en absoluto; Porén, en casos extremos confórmanse coa lama.[8]
Dado o seu tamaño e o seu mal carácter (sobre todo cando están feridos), os búfalos africanos carecen de depredadores, salvo o home, o león e o crocodilo do Nilo. Os leopardos e as hienas depredan ocasionalmente sobre as crías que se afastan demasiado da manda, aínda que isto no sucede con frecuencia.[6]
O xénero Syncerus foi establecido en 1847 polo administrador colonial, etnólogo e naturalista británico Brian Houghton Hodgson.
O nome Synceus deriva do elemeto de composición do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", "ao mesmo tempo", e a palabra κέρασ kéras, "corno", aludindo á unión dos cornos destes animais na base.
A especie fora descrita moito antes, en 1779, polo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman, baixo o nome de Bos caffer,[9] na páxina 79 da súa obta "Bos Caffer, et nytt Species af Buffel, från Caput Bonæ Spei", publicada en Kongliga Vetenskaps Academiens Handlingar 40 (1-3): 79-84. Estocolmo.[10] Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Syncerus, como Syncerus caffer, nome que se conservou até hoxe.
O nome caffer Sparrman tirouno do portugués antigo cáfer, que á súa vez o tomou do árabe كافر, káfir, "infiel", "incrédulo", que os comerciantes árabes aplicaban aos nativos das rexións bantús de Suráfrica.[11][12]
A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusións debido á gran variabilidase da especie.[4] Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[5][13] (véxase o mapa máis arriba) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.