Aída
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aída é unha serie de televisión, do xénero da comedia de situación (sitcom), producida por Globomedia para a cadea española Telecinco, que a estreou o 16 de xaneiro de 2005.
Formato | Sitcom |
---|---|
Creado por | Nacho García Velilla |
Intérpretes | Paco León Pepe Viyuela Melani Olivares Mariano Peña Miren Ibarguren Ana María Polvorosa David Castillo Eduardo Casanova Marisol Ayuso Óscar Reyes |
País de orixe | ![]() |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 16 de xaneiro de 2005 |
Derradeiro episodio | 8 de xuño de 2014 |
Na rede | |
http://www.telecinco.es/aida/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orixinalmente protagonizada por Carmen Machi no papel de Aída García, xurdiu como un spin-off da serie Siete Vidas, na que Aída era unha «chacha» que traballaba para Sole (Amparo Baró) e que despois comezou a traballar tamén no "Kasi ké no", o bar de Gonzalo (Gonzalo de Castro). A serie comeza cando o pai de Aída morre deixándolle a casa familiar, á que Aída decide regresar cos seus dous fillos menores ás costas, desatando así unha manchea de enredos cómicos que se desenvolven entre reencontros casuais con antigos veciños e amigos e bromas sen sentido. Porén, durante a sexta temporada da serie, Carmen Machi abandona a serie e entra no seu lugar Miren Ibarguren, interpretando o papel de Soraya, a filla máis vella de Aída, que vai vivir con toda a familia, facéndose cargo dela. Na novena temporada, Carmen Machi volve á serie.