Aviación
From Wikipedia, the free encyclopedia
A aviación consiste no deseño, desenvolvemento, fabricación, produción, operación, e utilización para fins privados ou comerciais, como o transporte de materiais ou persoas, de aeronaves, especialmente as máis pesadas que o ar. O voo en si é a parte da operación que inclúe o desprazamento controlado, a través do ar, de aparatos que usan para desenvolver o seu voo a forza sustentadora de superficies fixas ou móbiles, impulsados polos seus propios motores, como avións e helicópteros, ou sen motor, como os planadores.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2023.) |
Os dirixibles e os globos aerostáticos non se inclúen neste concepto, por tratarse de enxeños cunha capacidade de voo baseada no principio de Arquímedes, sendo anteriores no tempo aos aerodinos, cun sistema de voo fundamentado no uso de superficies sustentantes.
Tamén se entende por aviación todo aquilo que comprende as infraestruturas, industria, o persoal e en xeral calquera organización, privada ou pública, nacional ou supranacional, reguladora e de inspección cuxa actividade principal é todo o que implica a operación aeronáutica. Neste sentido, pode efectuarse unha primeira diferenciación entre aviación civil e aviación militar, en función do carácter da súa activadade.