numismático e heraldista sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
August Wilhelm Stiernstedt, nado en Estocolmo o 14 de decembro de 1812 e finado en Pohja, Finlandia, foi un barón sueco, numismático e heraldista nacional, primeiro presidente da Sociedade Numismática Sueca.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1812 Estocolmo, Condado de Estocolmo. |
Morte | 20 de setembro de 1880 (67 anos) Pohja, Uusimaa. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sueco. |
Educación | Universidade de Uppsala. |
Actividade | |
Ocupación | Numismático e heraldista. |
Membro de | Sociedade Numismática Sueca. Academia Sueca de Agricultura. Sociedade Fisiográfica de Lund. Real Sociedade de Ciencias e Letras de Gotemburgo. Real Sociedade Histórica Nórdica de Copenhague. |
Familia | |
Cónxuxe | Ulrika Maria Agnes Liljencrantz. |
Pais | Samuel Peter Stiernstedt e Sofia Charlotta von Gedda. |
August Wilhelm Stiernstedt naceu en Estocolmo en 1812,[1][2][3] fillo da baronesa Sofia Charlotta von Gedda e do barón maior Samuel Peter Stiernstedt.[4][5][6]
Cursou os seus estudos superiores de Dereito na Universidade de Uppsala a partir do 1 de outubro de 1829. En 1832 arobou o exame de avogacía e licenciouse en 1833, o que o habilitou para participar en procedementos xudiciais.[1][2][3][5][6]
En 1834 foi nomeado secretario extraordinario do Tribunal de Apelación de Svea e tamén secretario extraordinario da Auditoría de Xustiza e Expedicións Eclesiásticas. En 1836 ingresou como membro do Tribunal Civil Inferior e en 1842 do Tribunal Civil Superior, mais en 1843 abandonou todas as súas funcións oficiais para viaxar e se dedicar por completo aos estudos heráldicos e numismáticos.[2][3][5][6]
En 1849 foi nomeado camarlengo, en 1852 mestre de cerimonias e en 1855 heraldo do reino (ata 1861) e heraldista do reino.[1][2] Como numismático, Stiernstedt foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Sueca e o seu presidente desde su fundación en 1873 ata o momento da súa morte.[3][5][6][7]
Na súa condición de membro da nobreza sueca, Stiernstedt participou no Parlamento Sueco (Riksdag) durante o período 1844-1866, onde presidiu a Comisión de Expedicións (1847-1848) e foi membro doutras, como a constitucional ou a de banca.[5]
Entre outras sociedades eruditas e entidades do ámbito asociativo, Stiernstedt foi membro da Academia Sueca de Agricultura (1865), da Sociedade Fisiográfica de Lund (1868), da Real Sociedade de Ciencias e Letras de Gotemburgo (1874) e da Real Sociedade Histórica Nórdica de Copenhague (1857), entre outras.[3]
Ademais do interese erudito pola numismática, Stiernstedt foi un ávido coleccionista de moedas, tanto antigas como contemporáneas, dos países nórdicos. A súa colección foi adquirida logo do seu falecemento, en 1884, polo médico finlandés Herman Frithiof Antell, a través da axencia de H. Bukowski.[5]
Finalmente, Antell, que faleceu en 1893, doou a colección ao Estado finlandés, e pasou a ser conservada e xestionada polo Gabinete de Moedas do Museo Nacional de Finlandia.[5]
August Wilhelm Stiernstedt contraeu matrimonio o 8 de xullo de 1845 en Estocolmo coa baronesa Ulrika Maria Agnes Liljencrantz (1823-1897).[1][5][6]
Finou o 20 de setembro de 1880,[1] por causa do tifo cando estaba temporalmente en Brödtorp, no municipio finlandés de Pohja.[2][3][5][6] Foi soterrado no cemiterio de Solna, no condado de Estocolmo.[4]
Stiernstedt foi autor de numerosos artigos e contribucións de carácter heráldico, histórico, numismático e político, e tamén de varias entradas sobre temas numismáticos para a enciclopedia sueca Nordisk familjebok. Así mesmo, publicou unha boa cantidade de traballos monográficos.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.