Atol Mili
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mili é un atol de 92 illas pertencentes ás Illas Marshall no océano Pacífico. A área total abarca 16 km² e a lagoa ocupa 763 km². A cidade principal tamén se chama Mili. Nela atópanse múltiples vestixios da segunda guerra mundial. A lei prohibe eliminar eses restos da illa. A poboación en 1999 ascendía a 1032 persoas.
Mili | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | Mili |
Linguas | |
Poboación (2002) | 854 hab. |
Superficie | 16 km² |
Superficie lagoa | 763 km² |
Nº de illas | 92 |
Coordenadas | 06°08′00″N 171°55′00″L |
Maior Altura | |
Localización | |
O atol Mili é un atol de 92 illas no océano Pacífico, forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 78 km. ao sueste de Arno. A súa superficie total é de 14´9 km² polo que é o segundo máis grande das Illas Marshall logo de Kwajalein. Encerra unha lagoa, cunha superficie de 760 km². O atol está separado por unha canle de auga chamado paso Klee do atol Knox, que é considerablemente menor. A poboación do atol Mili era de 1032 habitantes en 1999. A aldea principal tamén se chama Mili. Outras aldeas son Nallu, Enejet, Lukonor, Tokewa, e Wau. Nallu, Enejet e Lukonwor só son accesibles desde Mili por terra durante a baixamar. Só Mili e Enejet, teñen pistas de aterraxe para avións pequenos. O aeroporto de Mili e o aeroporto de Enejet son atendidos por Air Marshall Islands.