Atol Hereheretue
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hereheretue é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado ao suroeste do arquipélago, a 450 km de Hao. As súas coordenadas son 19°52′S 144°58′O
Máis información Hereheretue, Datos ...
Hereheretue | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 58 hab. |
Superficie | 4 km² |
Superficie lagoa | 23 km² |
Nº de illas | 40 |
Coordenadas | 19°52′S 144°58′O |
Maior Altura | |
Localización | |
Pechar
É un atol pequeno e afastado. As terras máis próximas son as illas do Duque de Gloucester, a 150 km, e algunha vez inclúeselle neste grupo. A superficie total é de 4 km², pechando completamente a lagoa interior. A poboación total era de 50 habitantes no censo de 1996. Ademais dispón dunha estación meteorolóxica.