![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/EbonAtoll.jpg/640px-EbonAtoll.jpg&w=640&q=50)
Atol Ebon
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ebon é un atol, de 22 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 5´75 km², pero encerra unha profunda lagoa cunha superficie de 104 km², a poboación ascende a 741 persoas. Unha pasaxe conduce á lagoa desde o extremo suroeste do atol. A tortuosa pasaxe chámase "Canle Ebon". Ebon está situado aproximadamente a 155 km. ao sur de Jaluit, e é a masa de terra máis ao sur das Illas Marshall, xa que se atopa no extremo meridional da cadea Ralik.
Máis información Ebon, Datos ...
Ebon | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | ![]() |
Illa principal | Jitoen |
Linguas | |
Poboación (1999) | 741 hab. |
Superficie | 5´7 km² |
Superficie lagoa | 108´4 km² |
Nº de illas | 22 |
Coordenadas | 04°38′00″N 168°43′00″L |
Maior Altura | 25 m. |
Localización | |
![]() | |
Pechar