![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Bokak_Atoll.png/640px-Bokak_Atoll.png&w=640&q=50)
Atol Bokak
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bokak (tamén coñecido como Taongi Atoll) é un atol deshabitado de 3,2 km² situado no océano Pacífico en 14º32N 169º00E. Atópase na Cadea Ratak.
Bokak | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | ![]() |
Illa principal | Sibylla |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitado |
Superficie | 3´24 km² |
Superficie lagoa | 78´04 km² |
Nº de illas | 10 |
Coordenadas | 14°32′N 169°00′L |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() | |
O primeiro europeo en descubrir Bokak foi Alonso de Salazar, un explorador español o 21 de agosto de 1526.
Bokak é o máis seco dos atois das Illas Marshall, cun carácter semi-árido. A temperatura media anual é de aproximadamente 28 °C.. A media de precipitación anual é inferior a 1.000 mm, e corresponde principalmente a finais de verán. Os ventos predominantes son de norte a nordeste.
A dureza, o clima seco, a falta de auga potable, e a pobreza dos chans indican que o atol permaneceu deshabitado. O atol foi tradicionalmente utilizado para a caza e a recolección, especialmente aves mariñas, por parte dos habitantes doutros atois, no norte da cadea de Ratak. A explotación das abundantes tartarugas mariñas, aves, ovos e réxese polo costume.