From Wikipedia, the free encyclopedia
A asirioloxía é o estudo arqueolóxico, histórico e lingüístico da antiga Mesopotamia [1]
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Aínda que houbo viaxeiros que se interesaron polo pasado remoto das terras mesopotámicas percorrendo o que quedaba das súas ruínas, non foi ata o século XVIII cando o interese se fai máis sistemático, organízanse expedicións desde Europa cara a eses lugares como as de Carsten Niebuhr, que copia inscricións en Persépole, ou de André Michaux quen levou a Europa a primeiro documento epigráfico cuneiforme, concretamente un kudduru (pedra gravada).[2] Todo o cal fixo aumentar a curiosidade por aquela civilización perdida entre a clase intelectual europea. Un destes eruditos, Georg Friedrich Grotefend conseguiu en 1802[3] identificar, nas copias que realizara Niebuhr das inscricións cuneiformes de Persépolis, o título de rei e os nomes de Darío, Xerxes e Histaspes [4] por medio da súa comparación co avéstico xa que pensaba que estaban escritas nesa lingua. Nos anos seguintes conseguiu identificar algunha palabra máis e recoñecer 300 signos diferentes.
Pero os alicerces da asirioloxía púxoos Henry Rawlinson, un oficial enviado a Persia para organizar o exército do xa, interesouse polas vellas inscricións e en particular pola Inscrición de Behistún, trilingüe, en escrita cuneiforme, en persa antigo, elamita e babilónico e en 1837 descifrou a metade do texto en persa antigo completando o seu desciframento en 1839[5] o que abriu a porta a que se descifrasen outras linguas de escrita cuneiforme, así o propio Rawlinson comparando os textos babilonio e persa antigo conseguiu ler 80 nomes babilonios, o que equivalían a 100 signos, descubrindo que cada un destes signos podía ter varios valores silábicos.
Ao tempo destes descubrimentos epigráficos comezan a se desenvolver as escavacións, as primeiras realizounas Paul-Émile Botta[6] en Nínive en 1843 e tiñan como único obxecto a procura de obxectos para exhibilos nos museos europeos e que levou mesmo á destrución de sectores enteiros de moitos xacementos. Con todo, estas escavacións puxeron ao alcance dos investigadores unha gran cantidade de material que fixo avanzar os coñecementos sobre a rexión e a súa cultura. Julius Oppert deduciu que a escrita cuneiforme tivera que ser inventada por un pobo non semita[7] xa que o seu carácter silábico a facía estraña para unha lingua semita. A súa teoría non a compartiron a maioría dos investigadores pero o descubrimento por Ernest de Sarzec en 1877 dos primeiros documentos sumerios veulle dar a razón.
A comezos do século XX as escavacións en Mesopotamia comezan a se realizar segundo o método arqueolóxico, foi fundamental para o paso das escavacións de afeccionados a outra profesional a chegada dos alemáns: Robert Koldewey nas súas escavacións en Babilonia revolucionou a arqueoloxía mesopotámica[8], desenvolvendo técnicas para recoñecer e escavar restos arquitectónicos e Walter Andrae continuou o seu labor, desenvolvendo o estudo da estratigrafía.
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.