![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/AVEN_Triangle.svg/langgl-640px-AVEN_Triangle.svg.png&w=640&q=50)
Asexualidade
ausencia de atracción sexual / From Wikipedia, the free encyclopedia
A asexualidade é unha orientación sexual que describe os individuos que non experimentan atracción sexual[1][2] ou que non teñen interese ou desexo en practicar o sexo[3]. Ás veces, é considerada como unha carencia de orientación sexual[4]. Un estudo sitúa a asexualidade no 1%[5].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/AVEN_Triangle.svg/320px-AVEN_Triangle.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Asexual_Pride_Flag.svg/320px-Asexual_Pride_Flag.svg.png)
Os asexuais son persoas que non senten desexo polo pracer sexual; non senten atracción sexual cara a ningunha persoa que as rodea[6] e non encaixan dentro de ningunha orientación sexual definida porque non é habitual que adoiten namorarse nin teñan parella.[7]
Séntense a gusto en soidade e illándose da xente; con todo amósanse socialmente moi activos e cultivan un gran grupo de amigos que saiban comprendelos e apoialos. Os asexuais tenden a crear unha unión afectiva cara á súa parella (se a teñen), aínda que esta non implique o sexo polo medio.[8] Algúns asexuais ata se involucran sentimentalmente con outras persoas, malia que a barreira de amizade e relación non queda definida moi claramente e pode resultar ambigua.