astrónomo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Asaph Hall, nado en Goshen, Connecticut, o 15 de outubro de 1829 e finado en Maryland o 22 de novembro de 1907, foi un astrónomo estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1829 Goshen, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 22 de novembro de 1907 (78 anos) Annapolis, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Goshen (pt) |
Educación | New-York Central College, McGrawville (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, matemático, carpinteiro |
Empregador | Universidade Harvard Old Naval Observatory (en) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Angeline Stickney (1856–1892) |
Fillos | Asaph Hall Jr., Percival Hall |
Pai | Asaph Hall II |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Холл Асаф) Enciclopedia de Otto, (vol:10, p.794) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Tivo unha escasa formación académica, xa que á morte de seu pai tivo que traballar como carpinteiro para axudar a súa nai, e foi un autodidacta, aprendendo pola súa propia conta. En 1857 entrou a traballar como axudante do astrónomo William Cranch Bond no Observatorio de Harvard (Harvard College Observatory): posuía un soldo de doce dólares mensuais.
No 1856 casou coa matemática Angeline Stickney (1830-1892), que o axudaba no seu traballo.
Logo de efectuar numerosas observacións, aprender técnicas astronómicas e mellorar os seus coñecemento, en 1863 foi nomeado director do Observatorio Naval de Washington (USNO), onde descubriu as dúas satélites de Marte en agosto de 1877, Deimos e Fobos, co grande refractor de 66 cm de dito observatorio, obra do óptico compatriota Alvan Clark. Antes descubrira o período de rotación de Saturno. No 1895 ocuparía o posto de profesor de astronomía na Universidade Harvard.
Un dos maiores cráteres de Fobos chámase Hall, na honra deste astronómo; Stickney, nomeado así pola súa dona, é o maior e máis profundo da lúa.
Tivo catro fillos: Asaph Jr., Samuel, Angel e Percival; só o primeiro (Asaph Hall Jr.) se faría astrónomo, realizando numerosos traballos sobre o tema.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.