From Wikipedia, the free encyclopedia
A arxentita (do latín argentum, que significa "prata"), tamén chamada arxirita, é un sulfuro de fórmula Ag2S. Se é pura contén un 87,1% de prata. A acantita é unha pseudomorfa da arxentita, que se forma a unha temperatura inferior de 179 °C.
Arxentita | |
---|---|
Fórmula química | Ag2S |
Clase | Sulfuro |
Sistema cristalino | Regular |
Cor | De gris a negra |
Brillo | Metálico en fracturas recentes, opaco en superficies avelladas |
Dureza | 2 - 2,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Subconcoidea |
Exfoliación | Imperfecta |
Raia | Negra brillante |
Densidade | 7,2-7,4 g/cm³ |
A arxentita preséntase en cristais hexaédricos e octoédricos; son escasos os cristais dodecaédricos. Con formas filiformes e arborescentes.
Preséntase en concentracións hidrotermais, de baixa temperatura, de sulfuros con outros minerais de prata. É abundante en Comstock Lode, Nevada.
É unha das menas de prata máis importante.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.