From Wikipedia, the free encyclopedia
Arredondo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Asón-Agüera. Limita cos concellos de Ruesga e Riotuerto polo norte, polo leste con Ruesga, polo sur con Soba e polo oeste con Ruesga e Miera.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Arredondo (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 478 (2023) (10,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 46,83 km² | ||||
Altitude | 161 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Alberto Santander Peral | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39007 | ||||
Páxina web | aytoarredondo.com |
O municipio atópase no pé do porto de Alisas, e polo territorio pasan os ríos Asón e Bustablado.
Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.
Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.
Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.
Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:
Un 42,9 % da poboación de Arredondo emprégase no sector primario, un 10 % na construción, un 9 % na industria e un 38,1 % no sector terciario.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.538 | 1.527 | 1.496 | 1.543 | 1.370 | 1.361 | 1.216 | 1.052 | 812 | 788 | 635 | 558 |
Fonte: INE
Nas seguintes táboas amósanse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arredondo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.