![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Flag_of_the_United_Kingdom_%25281-2%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_the_United_Kingdom_%25281-2%2529.svg.png&w=640&q=50)
Arquipélago Chagos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O arquipélago de Chagos (antigamente, illas aceite, e en inglés, Chagos Archipelago) é un grupo de sete atois que comprenden máis de 55 illas tropicais individuais, que se atopan no centro do océano Índico.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Arquipélago Chagos | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
![]() | |||||
Datos | |||||
Capital | Diego García | ||||
País | Reino Unido | ||||
Linguas | Inglés | ||||
Poboación (2004) | 4.000 hab. | ||||
Superficie | 60 km² | ||||
Densidade | hab/km² | ||||
Coordenadas | 6°00′S 71°30′L | ||||
Maior Altura | 15 m. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/Salomons_Atoll_in_the_Chagos.jpg/640px-Salomons_Atoll_in_the_Chagos.jpg)
Chagos atópase a uns 500 km ao sur das Maldivas, o seu veciño máis próximo, e a 1600 km ao suroeste da India, a metade de camiño entre Tanzania e Xava. Os habitantes das Maldivas chámano Folhavahi e tamén se coñece como Phehandweep (Hindi: फेहंद्वीप) nas linguas do norte da India e Paeikaana Theevukal (támil: பேகான தீவுகள்).
O grupo das Chagos é unha combinación de diferentes estruturas coralinas que coroan unha cadea submarina que corre en dirección sur atravesando o centro do océano Índico, a cal está formada por volcáns sobre o punto quente de Réunion. A diferenza das Maldivas non existe nas Chagos un patrón evidente de formación dos atois, o que fai que o arquipélago ofreza un esquema un tanto caótico. A maioría das estruturas coralinas das Chagos son atois submarinos.
Oficialmente forma parte do Territorio Británico do Océano Índico (British Indian Ocean Territory, coñecido polas súas siglas BIOT), inicialmente as Chagos aloxaron unha poboación nativa durante máis de 150 anos ata que o Reino Unido e os Estados Unidos expulsáronos na década de 1960 no desenvolvemento dos plans militares británicos e dos Estados Unidos para que os norteamericanos construísen unha base na illa de Diego García, a maior das illas Chagos. As illas estaban habitadas por uns 1.100 chagosianos que foron trasladados a Mauricio e as Seychelles entre 1967 e 1973. As instalacións militares de Diego García foron arrendadas ao Exército dos Estados Unidos ata 2016. O acordo contou coa aprobación de Denis Healey, Secretario Británico de Estado para a Defensa.
Este territorio é reinvindicado por Mauricio.