From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arquipélago das illas Salomón é un arquipélago de Oceanía localizado no oeste do océano Pacífico, ao leste da illa de Nova Guinea. Está situado na subrexión continental da Melanesia, dentro da rexión bioxeográfica de Oceanía Próxima. As illas máis occidentais constitúen a Rexión Autónoma de Bougainville e pertencen a Papúa Nova Guinea, o resto das illas pertencen ao estado homónimo das Illas Salomón[1]. O arquipélago, situado dentro dun rectángulo de preto de 1 100 quilómetros de longura e 600 quilómetros de largura, ten unha superficie total duns 40 000 km².
Tipo | arquipélago grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Papúa Nova Guinea | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.715 m | |||
Punto máis alto | Monte Balbi (pt) (2.715 m ) | |||
Superficie | 40.400 km² | |||
A illa de maior extensión é Bougainville, pertencente a Papúa Nova Guinea. O resto do arquipélago pertencente a este país son illotes, agás a illa de Buka, situada ao noroeste de Bouganville e separada desta por un estreito e profundo canal de só 200 metros de largo.
As outras illas principais e unha infinidade de illotes de corais tornáronse independentes o 7 de xullo de 1978 co nome de Illas Salomón, cuxa capital é Honiara, localizada na illa de Guadalcanal, a maior do país e a segunda do arquipélago. Outras illas son Choiseul, Nova Xeorxia, Santa Isabel, Malaita e Makira (antes San Cristóbal).
As principais illas que compoñen o arquipélago das illas Salomón son as seguintes[1]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.