Armiño (heráldica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O armiño é un forro heráldico. Segundo a tradición e a mitoloxía, o primeiro en utilizar os armiños en heráldica foi Bruto, fillo de Silvio, neto de Ascanio e bisneto de Eneas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Cando Bruto desembarcou en Francia, atopou sobre o seu escudo un armiño e interpretouno como vaticinio da súa futura vitoria. Cambiou nese momento as súas armas, (un león dragonado), e coas súas novas armas, conquistou aquelas terras, que chamaron Brutania na súa honra. Co paso do tempo, aquel nome, evolucionou ó actual da Bretaña.