![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Wrist_MRI_T1FSE_PDfrFSE_STIR_14.jpg/640px-Wrist_MRI_T1FSE_PDfrFSE_STIR_14.jpg&w=640&q=50)
Arco do carpo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O arco do carpo é unha formación anatómica do membro superior, pertencente ao carpo. Está constituído por todos os ósos dos carpo, que se dispoñen formando un u, co gancho do ganchudo e o óso pisiforme coma extremos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Wrist_MRI_T1FSE_PDfrFSE_STIR_14.jpg/320px-Wrist_MRI_T1FSE_PDfrFSE_STIR_14.jpg)
A través do arco pasan diversas estruturas que discorren do antebrazo á man:
- Tendón do músculo flexor común fondo dos dedos da man
- Tendón do músculo flexor común superficial dos dedos da man
- Tendón do músculo flexor longo do polgar
- Arteria radial
- Póla sensitiva do nervio radial
Por fóra, o arco está delimitado polo tendón do músculo braquiorradial por fóra e polo tendón do músculo flexor radial do carpo por dentro.