Arabia Pétrea
provincia romana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Arabia Petraea ou Petrea, tamén coñecida como Provincia Árabe de Roma (latín: Provincia Arabia; árabe: العربية البترائية) ou simplemente Arabia, foi unha provincia romana fronteiriza do Imperio romano a partir do século II. Consistía no antigo Reino nabateo en Xordania, o sur do Levante, na Península do Sinaí e o noroeste da Península Arábiga. Asúa capital era Petra. Fronteiriza ao norte con Siria, ao oeste con Xudea (fusionada con Siria desde o ano 135) e Exipto, e ao sur e ao leste polo resto de Arabia, coñecido como Arabia Deserta e Arabia Felix.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Prefeitura pretoriana (pt) | prefeitura pretoriana do Oriente (pt) | ||||
Diócese | Diocese do Oriente (pt) | ||||
Capital | Petra | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 106 | ||||
Sucedido por | Palestina Salutar (pt) | ||||
O territorio foi anexionado polo emperador Traxano, como moitas outras provincias de fronteira oriental do Imperio romano, pero mantívose, a diferenza da Armenia romana, Mesopotamia e Asiria, moito despois do goberno de Traxano, a súa fronteira do deserto chamouse Limes Arabicus. Produciu a Filipo o Árabe, nado ao redor do 204. Como provincia fronteiriza, incluía un deserto poboado por tribos árabes e fronteira co interior de Partia.
Aínda que suxeito a un eventual ataque por parte dos partos e Palmirenses, non tiña nada que ver coas incursións constantes que se enfrontaron noutras áreas da fronteira romana, como Alemaña e o norte de África, nin a presenza cultural arraigada que definía ás outras provincias orientais máis helenizadas.