![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Apus_apus_-Barcelona%252C_Spain-8_%25281%2529.jpg/640px-Apus_apus_-Barcelona%252C_Spain-8_%25281%2529.jpg&w=640&q=50)
Cirrio común
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cirrio común, cirro[2] ou birrio[3] (Apus apus) é unha ave da familia das apodiformes (Apodidae). O seu nome científico que lle deu Carl von Linné vén do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pés e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas, coas que non esta relacionado, é froito da converxencia evolutiva.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cirro.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Cirrio común Apus apus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cirrio en Barcelona | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Apus apus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
![]() En vermello: área de cría En azul: área de invernada |
Pechar
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. Suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixa-lo niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas.