From Wikipedia, the free encyclopedia
As apolipoproteínas son proteínas que se unen a lípidos (como o colesterol) para formar lipoproteínas. A súa misión é a de transportaren os lípidos a través dos sistemas linfático e circulatorio.
Apolipoproteína | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
apolipoproteína e3 (apoe3) | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Apolipoproteína | ||||||||
Pfam | PF01442 | ||||||||
InterPro | IPR000074 | ||||||||
SCOPe | 1oef / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 193 | ||||||||
OPM protein | 3r2p | ||||||||
|
Os compoñentes lipídicos das lipoproteínas son insolubles en auga. Porén, debido ás súas propiedades similares ás dun deterxente (anfipáticas), as apolipoproteínas e outras moléculas anfipáticas (como os fosfolípidos) poden rodear aos lípidos, orixinando partículas lipoproteicas que son hidrosolubles, e poden así ser transportadas en sistemas de circulación acuosos como o sangue e linfa.
As apolipoproteínas tamén serven como cofactores de encimas, ligandos de receptores, e transportadores de transferencia de lípidos, que regulan o metabolismo de lipoproteínas e a súa captación nos tecidos.
No transporte de lípidos, as apolipoproteínas funcionan como compoñentes estruturais das partículas de lipoproteínas, cofactores de encimas e ligandos de receptores da superficie celular. En concreto, a apoA1 é o principal compoñente proteico das lipoproteínas de alta densidade; a apoA4 crese que actúa principalmente na absorción intestinal de lípidos. Ademais, a apoE é unha proteína do plasma sanguíneo que media o transporte e captación de colesterol e lípidos por medio da súa interacción de alta afinidade con diferentes receptores celulares, como o receptor de lipoproteínas de baixa densidade (LDL). Descubrimentos recentes sobre a apoA1 e apoE suxiren que as estruturas terciarias destes dous membros da familia xénica das apolipoproteínas intercambiables humanas están relacionadas.[1] A estrutura tridimensional do dominio de unión ao receptor de LDL da apoE indica que a proteína forma un agrupamento de catro hélices inusulamente alongado que pode ser estabilizado por unha parte central hidrofóbica empaquetada moi estreitamente, que inclúe interaccións do tipo cremalleira de leucina, e tamén por numerosas pontes salinas formadas na superficie na súa maior parte cargada. Os aminoácidos de carácter básico importantes para a unión ao receptor de LDL están agrupados nunha área da superficie nunha longa hélice.[2]
Resumo das funcións:
Hai dous grandes tipos de apolipoproteínas. As apolipoproteínas B forman partículas de lipoproteínas de baixa densidade (que levan o chamado "colesterol malo"). Estas lipoproteínas teñen principalmente estruturas en folla beta e asócianse irreversiblemente con gotas lipídicas. Outras apolipoproteínas forman partículas de apolipoproteínas de alta densidade (o "colesterol bo"). Estas proteínas teñen estruturas en hélice alfa e asócianse reversiblemente coas gotas lipídicas. Durante a unión ás partículas lipídicas estas proteínas cambian a súa estrutura tridimensional.
Hai seis clases de apolipoproteínas e varias subclases:
As apolipoproteínas intercambiables (apoA, apoC e apoE) teñen a mesma estrutura xenómica e son membros dunha familia multixénica e probablemente evolucionaron a partir dun xene ancestral común. A ApoA1 e a ApoA4 forman parte do cluster de xenes APOA1/C3/A4/A5 situado no cromosoma 11 humano.[3]
Describíronse centos de polimorfismos xenéticos das apolipoproteínas, e moitos deles causan a alteración da súa estrutura e función.
A síntese de apolipoproteínas no intestino está regulada principalmente polo contido de graxa da dieta.
A síntese de apolipoproteína no fígado está controlado por un conxunto de factores, como a composición da dieta, hormonas (insulina, glicagón, tiroxina, estróxenos, andróxenos), consumo de alcohol, e de varios fármacos (estatinas, niacina, e fibratos). A apo B é unha apolipoproteína integral menteres que as outras son proteínas periféricas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.