Apéndice atrial esquerdo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O apéndice atrial esquerdo (na nomenclatura anatómica Auricula atrii sinistra)[1] ou apéndice auricular esquerdo é unha estrutura muscular, en forma de bolsa, conectada á aurícula esquerda do corazón. Internamente descríbese como un fondo de saco formado por músculos pectíneos cardíacos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Apéndice.
É unha dilatación de dita aurícula ao redor das catro veas pulmonares (veas pulmonares superiores dereita e esquerda, e veas pulmonares inferiores dereita e esquerda) cuxa función é evitar o empozamento (estase) do sangue na aurícula.