político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Pousada Pérez, nado en Poio e finado en Cotobade o 28 de novembro de 1959,[1] foi un practicante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 Poio, España |
Morte | 28 de novembro de 1959 (66/67 anos) Cotobade, España |
Alcalde de Cotobade | |
1936 – 1936 | |
Alcalde de Cotobade | |
1931 – decembro de 1932 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Dependente. Veciño de Cotobade, foi nomeado fiscal de Cotobade en decembro de 1927.[2] En febreiro de 1928 foi elixido contador da xunta directiva da Federación Agraria de Cotobade,[3] e en 1929 foi nomeado presidente da Federación.[4] Foi elixido presidente do Centro Republicano de Cotobade en 1930.[5]
Coa proclamación da República foi elixido concelleiro de Cotobade en 1931, nomeado primeiro tenente-alcalde e despois alcalde de Cotobade. Dimitiu do cargo de alcalde de Cotobade en decembro de 1932.[6] Militante do Partido Republicano Gallego, foi nomeado deputado provincial polo distrito de Redondela-Pontecaldelas en 1933,[7] sendo cesado en xaneiro de 1934.[8] Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cotobade en marzo de 1936.[9]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no campo de concentración da illa de San Simón. Foi xulgado en Pontevedra en consello de guerra co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941,[10] foi sobresido en 1944.[11]
Predecesor: ? |
Alcalde de Cotobade 1931 - 1933 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Cotobade 1936 |
Sucesor: ? |
Casou con Aurora Cerviño e foi pai de Manuel, José e Lucrecia Pousada Cerviño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.