político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antolín Sánchez Presedo, de nome completo Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo[1], nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.[1]
Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.
A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.
En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.
En 2004 regresa á política: é elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostentou até as eleccións de 2014.
Predecesor: Vicente de la Fuente García |
Alcalde de Betanzos 1983 - 1985 |
Sucesor: Manuel Lagares Pérez |
Predecesor: Fernando Pedrosa Roldán |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1987- 1990 |
Sucesor: Xosé Cuíña |
Predecesor: Antonio Rodríguez Rodríguez |
Secretario Xeral do PSdeG 1985 – 1994 |
Sucesor: Francisco Vázquez Vázquez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.