Antipartícula
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na natureza por cada partícula de materia ordinaria existe unha antipartícula que posúe a mesma masa, o mesmo spin, e carga eléctrica contraria, este conxunto de antipartículas chámase en xeral antimateria. Existen partículas idénticas a súa antipartícula, coma o fotón, que non ten carga. Pero non tódalas partículas de carga neutra son idénticas a súa antipartícula. Os experimentos da violación CP (ou violación carga-paridade) descubriron que a simetría temporal non se cumpría na natureza. Doutra banda, o exceso observado de barións respecto aos antibarións, no universo, é un dos principais problemas non resoltos da cosmoloxía física.