![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Particles_and_antiparticles.svg/langgl-640px-Particles_and_antiparticles.svg.png&w=640&q=50)
Antipartícula
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na natureza por cada partícula de materia ordinaria existe unha antipartícula que posúe a mesma masa, o mesmo spin, e carga eléctrica contraria, este conxunto de antipartículas chámase en xeral antimateria. Existen partículas idénticas a súa antipartícula, coma o fotón, que non ten carga. Pero non tódalas partículas de carga neutra son idénticas a súa antipartícula. Os experimentos da violación CP (ou violación carga-paridade) descubriron que a simetría temporal non se cumpría na natureza. Doutra banda, o exceso observado de barións respecto aos antibarións, no universo, é un dos principais problemas non resoltos da cosmoloxía física.
![Diagrama ilustrativo da partícula e antipartícula do electrón, neutrón e protón, e de seu "tamaño" (non a escala). Dende a esquerda, de arriba a abaixo, mostrase o electrón (punto vermello pequeno), o protón (punto azul grande), e o neutrón (punto grande, negro no centro, clarexando gradualmente a branco cara os bordos). Á dereita, de arriba a abaixo, móstranse o antielectrón ou positrón (punto azul pequeno), antiprotón (punto vermello grande) e antineutrón (punto grande, branco no centro, escurecendo cara os bordos).](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Particles_and_antiparticles.svg/640px-Particles_and_antiparticles.svg.png)