rei consorte de Navarra From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón de Borbón (en francés: Antoine de Bourbon), nado en La Fère o 22 de abril de 1518 e finado en Ruán o 10 de novembro de 1562, foi un príncipe de sangue francés. Ostentou os títulos de duque de Borbón e de Vendôme, como xefe da Casa de Borbón (1537-1562); porén, é máis coñecido por ser rei de Navarra por matrimonio (jure uxoris) xunto á súa esposa, Xoana Albret (1555-1562).
Naceu en Picardía, sendo o cuarto fillo, e o segundo home de Carlos IV, duque de Borbón e de Vendôme, e doutra princesa de sangue, Francisca de Alençon, da Casa de Valois.[1] Foi o irmán máis vello de Luís de Borbón, príncipe de Condé.
O 20 de outubro de 1548, contraeu matrimonio con Xoana de Albret, the daughter of Henrique II de Navarra e Margarida de Angoulême.[2] Casou na cidade de Moulins, converténdose xunto a esta en rei de Navarra. Segundo os rexistros, Xoana estaba moi namorada del,[3] pero as accións deste amosaron a pouca lealdade que tiña cara a ela. O reino atopábase na súa maior parte ocupado dende 1512 polas tropas castelás de Fernando o Católico, polo que Antón fixo o posible por restablecelo, transformándose este no seu principal obxectivo.
No eido relixioso, a diferenza do seu irmán e da súa propia muller, nunca foi un fervoroso protestante, de feito cambiou varias veces de relixión[4] segundo as conveniencias políticas que estas trouxesen, e cando a súa muller autorizou ós hugonotes a saquear as igrexas de Vendôme, tratou de repudiala[5] e enviala a un convento, tendo esta que fuxir a Bearne. Tivo un romance con Louise de la Béraudière, "la belle Rouet," con quen tivo un fillo, Carlos III de Borbón (1554–1610) que se convertería en arcebispo de Ruán.[6]
Non foi un home estable. A tolemia na casa de Borbón foi común e foi bastante manipulado polos sectores máis católicos e próximos á rexente Catarina de Medici. Como tenente xeneral do Reino, comandou o asedio de Ruán e foi mortalmente ferido o 13 de novembro de 1562.[2] Morreu en Les Andelys, Eure.
Do seu matrimonio naceron 5 fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.