Antíparos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Antiparos (grego: Αντίπαρος; grego antigo: Ὠλίαρος Oliaros) é unha pequena illa das Cícladas, no sur do mar Exeo. Está a menos de 1´9 km de Paros, porto ao que está conectado cun transbordador local. Entre elas, atópase a illa de Saliagos que é o máis antigo asentamento nas Cícladas, e Despotiko, unha illa deshabitada no suroeste de Antiparos, que é un lugar de grande importancia arqueolóxica.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Antíparos | |
---|---|
Αντίπαρος | |
Desde a parte superior esquerda: O porto de Antíparos, muíños de vento, casas tradicionais no castelo e rúa comercial | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°00′N 25°03′L |
Xeografía | |
Superficie | 45´182 km² |
Longura máxima | 11´3 km. |
Largura máxima | 4´5 km. |
Perímetro | 56 km. |
Punto máis alto | 301 m. Profitis Ilias |
Demografía | |
Capital | Kastro |
Poboación | 1.211 hab. (2011) |
Densidade | 26´8 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Célebre pola súa gruta, coas súas grandes estalagmitas e estalactitas. A súa cidade principal é Antíparos ou Kastro na punta nororiental da illa.
A Comunidade de Antíparos foi fundada en 1914 e foi promovida a municipio no ano 2010 coa aplicación da Lei "Calikrates", baixo o principio de "cada illa un municipio". Ocupa unha superficie de 45´182 quilómetros cadrados, incluíndo a illa de Antiparos e Despotiko. Ten, segundo o censo de 2011, 1.211 residentes permanentes e unha densidade de 27 habitantes por quilómetro cadrado. A economía da illa baséase no turismo, a pesca, e a agricultura. É coñecida pola súa beleza distintiva das Cícladas, con casas brancas, rúas empedradas e fermosas flores que crecen nos patios das casas. É un poplar centro turístico no verán para os gregos e os visitantes europeos, así como para os investidores de U.S.A.
O principal asentamento atópase no extremo nordés da illa, fronte a Pounda na illa principal de Paros, de onde un transbordador a une co porto de Antíparos. O centro histórico atópase no castelo veneciano de Antiparos, que está conectado a través das rúas comerciais á pintoresca estrada da costa. Outros asentamentos son a famosa localidade de San Xurxo no bordo suroeste, Soros e Kampos don praias populares, na zona do centro son Psaralyki, o Sifneiko, Ag Spiridon. As praias máis populares son: Soros, Glyfa, Apantima, Monastiria.