From Wikipedia, the free encyclopedia
Ansó é unha localidade e un concello da provincia de Huesca. A súa poboación era de 500 habitantes no ano 2007, sobre unha área de 224,05 km², o que facía unha densidade de 2,23 hab/km².
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca | |||
Capital | Ansó | |||
Poboación | ||||
Poboación | 418 (2023) (2,07 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua aragonesa (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 201,467576 km² | |||
Altitude | 860 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 22728 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 22028 | |||
Páxina web | anso.es |
Ansó está localizado no noroeste da provincia de Huesca, na comarca da Jacetania. Forma parte do val de Ansó, que comparte co concello de Fago. Trátase dun val pirenaico, arrodeado de altas montañas, atravesado polos ríos Veral e Fago, e máis o Subordán, que nace aquí. A capital municipal, ás beiras do río Veral, está a unha altitude media de 860 m. Dista 103 km da capital provincial, Huesca.
Ansó depende basicamente do sector primario, pois o turismo non está suficientemente desenvolvido. De feito é unha zona en depresión, con perda continuada da súa poboación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.