político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrés Mellado Fernández, nado en Málaga en 1846 e finado en Biarritz (Francia) o 30 de agosto de 1913, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1846 Málaga, España |
Morte | 30 de agosto de 1913 (66/67 anos) Biarritz, Francia |
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes | |
1903 – 1905 ← Juan de la Cierva Peñafiel – Vicente Santamaría de Paredes (en) → | |
Gobernador Banco de España | |
1902 – 1902 ← Pío Gullón Iglesias – Antonio García Alix → | |
Alcalde de Madrid | |
1889 – 1890 ← José Abascal y Carredano – Cayetano Sánchez Bustillo → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Membro do Partido Liberal-Conservador, iniciou a súa carreira política en 1881 como deputado en representación de Porto Rico, repetindo o nomeamento do escano en 1884. Desde a seguinte lexislatura e até 1899 foi deputado pola provincia de Málaga, e en 1898 foi nomeado senador por Cuba.
En 1889 foi alcalde de Madrid,[1] e foi gobernador do Banco de España entre xuño e decembro de 1902. Durante o goberno presidido por Eugenio Montero Ríos, entre o 23 de xuño de 1903 e o 31 de outubro de 1905, foi nomeado ministro de Instrución Pública.
Como xornalista, dirixiu o periódico El Imparcial. Foi amais membro da Real Academia Española coa cadeira K dende o 5 de maio de 1912.
Casou na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid coa luguesa Jesusa de La Portilla Cobián, irmá do gobernador militar de Lugo Leoncio de La Portilla. Non tiveron descendencia.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.