![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/Andrew_II_seal_1224.jpg/640px-Andrew_II_seal_1224.jpg&w=640&q=50)
André II de Hungría
político húngaro / From Wikipedia, the free encyclopedia
André II (en húngaro: II. András, en croata: Andrija II., en eslovaco: Ondrej II., en ucraíno: Андрій II) nado c. 1177 e finado o 21 de setembro de 1235, foi rei de Hungría e Croacia entre os anos 1205 e 1235, tamén coñecido como André de Xerusalén. Gobernou o Principado de Halych dende 1188 até 1189/1190, e de novo entre 1208/1209 e 1210. Foi o fillo máis novo de Béla III de Hungría, quen lle confiou a administración do Principado de Halych acabado de conquistar en 1188. O goberno de André foi impopular, e os boiardos (ou nobres) expulsárono. Béla III quería as propiedades e cartos de André, obrigánoo a liderar unha cruzada en Terra Santa. Pola contra, André forzou ó seu irmán máis vello, o rei Emerico de Hungría, a ceder Croacia e Dalmacia como unha herdanza para el en 1197. O ano seguinte, André ocupou Hum.
![]() |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |