Andrea Corr
música irlandesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea Jane Corr, nada o 17 de maio de 1974 en Dundalk, no condado de Louth, é unha cantante, compositora e actriz irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido a cantante principal do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Caroline Corr, Sharon Corr e Jim Corr.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1974 (50 anos) Dundalk, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora , actriz , actriz de cinema , cantante , compositora , actriz de teatro |
Período de actividade | 1990 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Folk rock, Rock alternativo e música rock |
Instrumento | Frauta, piano, voz e Tin whistle |
Selo discográfico | 143 Records Atlantic Records |
Familia | |
Irmáns | Jim Corr, Caroline Corr e Sharon Corr |
Premios | |
Páxina web | andreacorr.com |
|
Pechar
No 2005 foi galardoada co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.