From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrónico II Comneno (en grego: Ανδρόνικος Β΄ Μέγας Κομνηνός, Andrónikos II Mégas Komnēnós), nado c. 1240 e finado en 1266, foi emperador de Trebisonda de 1263 a 1266. Foi o fillo máis vello de Manuel I de Trebisonda coa súa primeira esposa, Ana Xylaloe, unha nobre trapisondesa[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1240 Trebisonda, Turquía |
Morte | 1266 (Gregoriano) (25/26 anos) Trebisonda, Turquía |
Emperador de Trebisonda | |
1263 – 1266 ← Manuel I de Trebisonda – Xurxo, emperador de Trebisonda → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | Manuel I de Trebisonda e Ana Xylaloe |
Irmáns | Teodora de Trebisonda Xoán II de Trebisonda Xurxo, emperador de Trebisonda |
Durante os tres anos do seu reinado Trebisonda continuou florecendo como un centro comercial - dous comerciantes de Marsella foron alí en 1263 e 1264 levando unha carta de presentación de Carlos de Anjou, conde da Provenza.
O seu reinado é significativo por unha soa cousa, a perda de Sinope en 1265[2]. Xunto con iso, perdeu a última esperanza de reconquista de Constantinopla e deixou de incidir nos asuntos do Imperio bizantino. Segundo Fallmerayer, a soberanía mongol aceptada por Manuel I terminou coa morte de Hulagu Kan en 1265, pero esta teoría é controvertida e probabelmente errónea á vista dos acontecementos posteriores e a deposición do seu sucesor, Xurxo.
Andrónico foi sucedido polo seu medio irmán Xurxo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.