Duque de York From Wikipedia, the free encyclopedia
O príncipe André, duque de York (Andrew Albert Christian Edward; Londres, 19 de febreiro de 1960), é o terceiro fillo e segundo varón da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. Na actualidade é sétimo na liña de sucesión ao trono británico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
O príncipe naceu no Palacio de Buckingham e como fillo da raíña foille concedido o tratamento de Alteza Real. Foi bautizado o 8 de abril de 1960.
O príncipe tivo unha educación na casa para posteriormente ingresar na Heathersdown Preparatory School e en Gordonstoun.
En 1979 enlistouse na Mariña Real Británica. Loitou na Guerra das Malvinas servindo ao barco HMS Invincible. Foi ascendendido a comandante pero retirouse no 2001.
Na actualidade, o duque de York ten como obriga real representar ao Reino Unido na área de comercio e investimento.
O 23 de xullo de 1986 casou con Sarah Ferguson na Abadía de Westminster. Adquiriu os títulos de duque de York, conde de Inverness e barón Killyleagh. Tiveron dúas fillas
En 1992 a parella separouse e acordouse un divorcio para o ano 1996.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.