![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Bandwidth.svg/langgl-640px-Bandwidth.svg.png&w=640&q=50)
Ancho de banda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Para sinais analóxicos, o ancho de banda é a anchura, medida en Hz, do rango de frecuencias no que se concentra a maior parte da potencia do sinal. Pode ser calculado a partir dun sinal temporal mediante a análise de Fourier. Tamén son chamadas frecuencias efectivas as pertencentes a este rango.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Bandwidth.svg/320px-Bandwidth.svg.png)
Así, o ancho de banda dun filtro é a diferenza entre as frecuencias nas que a súa atenuación ao pasar a través de filtro mantense igual ou inferior a 3 dB comparada coa frecuencia central de pico (fc) na Figura 1.
A frecuencia é a magnitude física que mide as veces por unidade de tempo en que se repite un ciclo dun sinal periódico. Un sinal periódico dunha soa frecuencia ten un ancho de banda mínimo. En xeral, se o sinal periódico ten compoñentes en varias frecuencias, o seu ancho de banda é maior, e a súa variación temporal depende dos seus compoñentes frecuenciales.
Normalmente os sinais xerados nos sistemas electrónicos, xa sexan datos informáticos, voz, sinais de televisión etc. son sinais que varían no tempo e non son periódicas, pero se poden caracterizar como a suma de moitos sinais periódicos de diferentes frecuencias.