From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.
Filla máis vella do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.
Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña. En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo, pero este matrimonio foi anulado.
O exército francés entrou na Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Carlos VIII (1470-1498), rei de Francia. Casaron o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.
Viviu entre Amboise, París e Lión, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña.
Antes de casar con Lois XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.
Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois.
Asumía ao mesmo tempo as funcións de raíña de Francia e de duquesa da Bretaña.
Deste segundo matrimonio tivo oito fillos, pero só sobreviviron dúas fillas:
Morreu o 9 de xaneiro de 1514. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana da Bretaña |
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.